01
Os problemas de saúde un a un:
Cálculos na vesícula biliar

Recomendacións dietéticas
- Levar a cabo unha alimentación saudable e cun achegue enerxético que permita de forma progresiva normalizar o peso en caso de sobrepeso ou obesidade.
- Fraccionar a dieta en catro tomas sen saltarse ningunha.
- Evitar tanto o xaxún como as comidas copiosas, porque tenden a aumentar a incidencia de litiasis biliar.
- Preferir os alimentos graxos en cru, xa que mellora a súa tolerancia dixestiva (aceite, manteiga ou margarina).
Para reducir a cantidade de graxa da dieta:
Graxa como condimento
- Limitar: aceites, manteiga, margarinas, manteiga de porco e sebos, nata, crema de leite, salsas tipo maionesa, bechamel, sofritos, etc.
Alimentos graxos
- Consumir as carnes e aves sen pel nin graxa visible. Preferir os cortes magros e desgrasar os caldos.
- Preferir o peixe branco ao azul, xa que ten menos graxa.
- Tomar os lácteos desnatados ou baixos en graxa. Evitar os completos e enriquecidos en nata.
- Elaborar as tortillas ou revoltos con pouco aceite.
- Evitar aguacates, olivas e froitos secos.
- Omitir produtos de pastelaría ricos en graxa.
- Evitar alimentos flatulentos e aqueles que estimulan as secreciones dixestivas: café, descafeinado e tés fortes, zume de laranxa e bebidas alcohólicas.
- Non tomar bebidas gaseadas.
- Non consumir cantidades excesivas de azucre.
