Os problemas de saúde un a un:
Alerxia ao peixe

Introdución
A ALERXIA ES UNHA REACCIÓN Ou RESPOSTA INAPROPIADA DO ORGANISMO ante unha sustancia (alérgeno). Na alerxia alimentaria, o alérgeno é principalmente unha proteína dun alimento co que entramos en contacto por inxestión, contacto ou inhalación.
O peixe é, xunto ao marisco, o alimento que maior número de alerxias provoca. As súas propias proteínas, a histamina que se forma ao descomporse (proteína de alto poder antigénico) e o parásito anisakis poden causar reaccións alérxicas. O Anisakis simplex é un parásito duns 2 centímetros de longo, cuxas larvas viven no conduto dixestivo de moitas especies como a pescada, atún, bacallau, cefalópodos (polbo, sepia e lura) e crustáceos (lagostas, cangrexos). Este parásito introdúcese no ser humano ao inxerir peixe cru, en salgadura, afumado, en escabeche, marinado ou pouco cociñado, e pode producir unha reacción alérxica en persoas sensibles, en ocasións grave.
Ademais, hai que ter en conta que as persoas con alerxia ao peixe poden ter reaccións tras a inxesta doutros alimentos como carnes de animais (porco, galiña, etc.) alimentados con fariñas de peixe.
Os síntomas máis frecuentes son: erupción, picor cutáneo e dificultade respiratoria. Os nenos que padecen dermatitis atópica e asma adoitan empeorar cando consomen peixe.
Máis información:
Fundación da Sociedade Española de Alergología e Inmunología Clínica (Amigos da Fundación).
Apdo. Correos 947 FD. 08080 BARCELONA
Páxina web: www.seaic.es
Correo electrónico: [email protected]
