Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Intolerancia á lactosa

Intolerancia a la lactosa :: Introdución

Introdución

A lactosa é o azucre que se atopa de forma natural no leite. Para dixerila, o organismo humano precisa da encima lactasa que se produce normalmente na mucosa intestinal, e que transforma a lactosa en unidades máis pequenas (glicosa e galactosa). A intolerancia á lactosa débese á diminución ou ausencia de lactasa no conduto dixestivo. A causa de intolerancia á lactosa pode ser conxénita, por un erro do metabolismo bastante raro, no que a lactasa falta desde o nacemento, ou adquirida. Esta última pode ser parcial ou total e pode iniciarse na infancia, adolescencia ou na idade adulta. Pode deberse a unha diminución progresiva de lactasa nas células da mucosa intestinal a partir dos dous ou tres anos de idade, sen que se coñeza a causa, ou como consecuencia dunha agresión á mucosa intestinal por un virus, bacterias, antibióticos ou quimioterapia, diarreas infecciosas, enfermidade inflamatoria intestinal crónica, enfermidade celíaca, inxesta excesiva de alcol, etc.

Os síntomas adoitan aparecer dos 30 minutos ás 2 horas despois de inxerir alimentos que conteñan lactosa, xeralmente acompañados de flatulencia, cólico intestinal e diarrea. Os síntomas desaparecen entre 3 e 6 horas máis tarde. Estes débense a que a lactosa non dixerida no intestino delgado pasa ao groso e alí é fermentada polas bacterias da flora intestinal producindo hidróxeno e outros gases.