01
Os problemas de saúde un a un:
Hernia de hiato

A resposta dietética
As recomendacións dietéticas que axudan a previr a hernia de hiato son as de alimentación equilibrada, cun achegue calórico axeitado ás características de cada persoa que permita alcanzar ou manter un peso saudable.
En caso de padecer hernia de hiato, para reducir os síntomas aconséllase unha alimentación fraccionada (5/ver-menú-aconsellado comidas diarias de pequeno volume) que inclúa alimentos de fácil dixestión, non irritantes, segundo a tolerancia individual para evitar restricións dietéticas innecesarias.
