01
Os problemas de saúde un a un:
Carie dental

Recomendacións dietéticas
- Levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada, para asegurar que non se produza ningún déficit, especialmente durante os primeiros anos de vida, de todos aqueles nutrientes que participan na composición de ósos e dentes.
- Reducir a cantidade e frecuencia de consumo de azucre e produtos azucarados.
- Evitar entre comidas as bebidas doces e acedas como os concentrados de froitas, os tentempiés e os alimentos pegañentos que se fixan entre os dentes (galletas, caramelos, etc.).
- Pódese incluír ocasionalmente tras os comidas alimentos que reducen a acidez da saliva (cacahuetes, queixos) polo seu efecto protector fronte á aparición de carie.
- Si nun momento dado non se dispón de cepillo de dentes tras unha comida, tomar goma de mascar sen azucre pode axudar a previr a carie xa que estimula a produción de saliva que axuda a eliminar os ácidos dos dentes.
