Os problemas de saúde un a un:
Afeccións da pel

A resposta médica
A pel cumpre unha serie de funcións, como preservarnos das agresións do mundo exterior, controlar a temperatura corporal e influír de maneira decisiva no control hidroeléctrico do medio interno.
Hai tipos de pel que requirirán coidados diarios individualizados dependendo de que se trate de peles secas, seborreicas, con tendencia acneica, etc. Ademais, débese ter en conta a humidade ambiental e as condicións atmosféricas. A dermocosmética evolucionou de forma espectacular nos últimos tempos; os dermatólogos aconsellan e fan unha valoración do tipo de pel e os coidados máis axeitados para cada un.

O envellecemento da pel maniféstase pola aparición de liñas faciais, engurras, cambios na pigmentación e aparición de lesións premalignas e malignas. Hoxe en día considérase que o 90% dos danos cutáneos que aparecen na pel exposta ao medio ambiente son debidos ao sol, aínda que tamén inflúen outros factores como hábitos dietéticos e consumo de tabaco, principalmente. As vitaminas C e E, os carotenoides (precursores da vitamina A) e os flavonoides teñen propiedades antioxidantes con efectos beneficiosos que protexen do dano infligido pola radiación solar na pel. Ademais, algúns minerais (ferro e zinc) xogan un papel importante no crecemento de pelo e uñas.
