Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Anorexia e bulimia nerviosas

Anorexia y bulimia nerviosas :: Orientacións sobre hábitos de alimentación saudables

Orientacións sobre hábitos de alimentación saudables

  • Variar ao máximo a alimentación, incluíndo alimentos de todos os grupos básicos.
  • Distribuír a alimentación en tres comidas principais (almorzo, comida e cea) e incluír algunha colación a media mañá ou como merenda e non saltarse ningunha.
  • Respectar os horarios de comidas dun día para outro.
  • Comer aos poucos, masticar ben, en ambiente relaxado e sen interferencias (TV, radio, etc.), e se é posible en compañía de amizades ou familia (comida e cea).
  • Facer das principais comidas un momento de encontro e convivencia agradable.
  • Incluír cada día lácteos (0,5 litros de leite e/ou derivados), cereais e pataca, verduras (se é posible unha crúa en forma de ensalada) e froitas (2 pezas mínimo, tratando de que unha delas sexa cítrica ou rica en vitamina C); á semana, igual frecuencia de peixe que carne, non máis de 6 ovos e arroz -pasta -legume, 2 ou 3 veces por semana.
  • Outros alimentos como embutidos, doces, bollería e repostaría, snacks doces ou salgados, bebidas azucaradas, etc., recoméndase consumir ocasionalmente ou en pequenas cantidades.

Razóns para consumir cada día unha suficiente variedade de alimentos

Leite e derivados: importantes para o mantemento dos nosos ósos e dentes.

Carnes-pescados e ovos: forman parte dos nosos tecidos (músculo, ósos...) e órganos.

Cereais, patacas, legumes: achégannos a enerxía necesaria para poder realizar as funcións vitais (bombeo do corazón, respiración, mantemento da temperatura corporal) e para o movemento muscular (actividade física).

Verduras e froitas: contienen sustancias que regulan o funcionamento do organismo e outros elementos promotores da saúde.

Graxas: non só nos achegan enerxía de reserva senón que, ademais, algunhas son esenciais; sustancias que o organismo por si só non pode producir e que necesariamente debe obter da alimentación.