01
Os problemas de saúde un a un:
Cistitis

Recomendacións dietéticas
- Unha alimentación variada e de acordo ás recomendacións de alimentación equilibrada.
- Comer de forma ordenada (primeiro, segundo e sobremesa), en ambiente tranquilo e sen interferencias (tv, radio, prensa, etc.), respectando os horarios dun día para outro e sen saltarse ningunha.
- Beber abundante cantidade de líquidos (mínimo 8 vasos ao día de auga ou infusións ou caldos desgrasados ou zumes).
- Masticar ben os alimentos, comer e beber amodo.
