Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Cistitis

Cistitis :: A resposta dietética

A resposta dietética

Seguir as recomendacións de alimentación equilibrada.

Forzar a inxesta de líquidos para aumentar a diuresis (produción de ouriños); 2,5 - 3 litros ao día, de alimentos e bebidas. Esta cantidade debe repartirse ao longo de todo o día, a razón de dous vasos de auga (uns 400 mililitros) con cada comida e un vaso de auga (uns 200 mililitros) cada 2 ó 3 horas (entre 8 e 12 vasos ao día), sendo moi aconsellable beber un vaso de auga á hora de deitarse, e mesmo cada vez que a persoa se levanta durante a noite para ir ao lavabo.

Polo menos a metade do líquido inxerido debe ser auga; pero tamén se poden tomar infusións, zumes, caldos, etc.

Recoméndase que a auga sexa de mineralización débil (contido inferior a 50 mg de sodio/litro) para mellorar a diuresis.

O mollo de arándanos é un bo bactericida que arrastra ao seu paso polo aparello génito urinario bacterias indesexables.