01
Os problemas de saúde un a un:
Hipertrigliceridemia (Triglicéridos elevados)

Menú aconsellado
Receita: Troitas gratinadas

Ingredientes (4 persoas)
- 4 troitas de ración
- zume de limón
- aceite de sementes
- perexil picado
- medio vaso de viño branco
Modo de elaboración
Límpanse ben as troitas e colócanse nunha cazuela co viño branco e o zume dun limón.
Ponse a cocer a lume lento e cando comezan a ferver, engádese o zume do outro limón e o aceite quente, botando a mestura ben repartida por encima. Déixanse cocer durante 8-10 minutos e finalmente se espolvorean de perexil picado.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Un vaso de leite desnatada con café e sacarina, tostadas con requesón pintadas de marmelada.
Comida
- Fabas brancas con cabaza.
- Medallones de rape con ameixas en salsa verde.
- Pan e froita do tempo.
Merenda
- Pan con xamón york magro e froita.
Cea
- Ensalada de tomate e anchoas.
- Troita gratinada.
- Pan e arroz con leite caseiro (leite desnatada e canela sen azucre).
