Os problemas de saúde un a un:
Gastritis

A resposta médica
As dúas máximas respecto da gastritis son non fumar e facer unha alimentación moderada. O diagnóstico débese realizar tras un estudo do estómago mediante unha gastroscopia (introdución de tubo polo aparello dixestivo). Desta forma tómanse mostras para analizar, xa que nestes casos hai que descartar un cancro de estómago.
O tratamento logrará mellorar os síntomas de acidez eliminando as posibles causas, pero se existe a posibilidade de hemorraxia de estómago deberá ingresar no hospital.
Hai que ter presente que si se padece gastritis non debe usar salicilatos (aspirina) ou outros antinflamatorios, e si é imprescindible hai que asociar antiácidos ou antiulcerosos (sempre baixo control médico). Si necesita un calmante para pequenas molestias ou febre, pódese empregar paracetamol ou metamizol, ou antiulcerosos, baixo prescrición facultativa. O paciente debe evitar medicamentos que danen ao estómago e si tivo problemas de estómago, debe advertirllo ao médico en todo momento. Quedará reflectido no seu historial, pero non está de máis lembralo.
