01
Os problemas de saúde un a un:
Gastritis

Menú aconsellado
Receita: Estofado de pavo

Ingredientes (4 persoas)
- Medio quilo de pavo
- 1 cebola
- 2 zanahorias
- 2-3 dentes de allo
- fariña
- aceite de oliva (sen exceso)
- auga ou caldo desgrasado e sae
Modo de elaboración
Trocear o pavo e pasalo por fariña. Pór nunha cazuela o aceite a quentar. Engadir o pavo, só para que coxa cor e retirar a un prato (queda máis zumento pola costra superficial que se forma, que evita a saída de mollos). Engadir a ese aceite o allo, a cebola, a zanahoria en trocitos pequenos e o sal.
Sofreír os ingredientes, engadir o pavo e por última a auga ou o caldo desgrasado. Deixar que comece a ferver, tapar a cazuela e baixar o lume (aproximadamente 20 minutos de cocción). Probar de sal. A salsa de pode triturar ou non segundo o costume e preferencias.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Un vaso de leite semidesnatada ou desnatada con achicoria ou malta e galletas tipo María.
Comida
- Arroz rehogado con guisantes.
- Estofado de pavo.
- Froita de tempada madura non aceda e pan (barra ou tostado).
Merenda
- Mazá ao forno e torradas con queixo en porción.
Cea
- Puré de verduras.
- Troita ao forno con xamón.
- Iogur natural (bio é menos acedo que o iogur normal) e pan (normal ou tostado).
