Os problemas de saúde un a un:
Gastritis

A resposta dietética
A dieta varía en función dos síntomas e da evolución da enfermidade:
Gastritis aguda asociada a nauseas e vómitos
Se aparecen vómitos debemos asegurar un axeitado achegue de líquidos para evitar a deshidratación.
Tras o vómito inicial, recoméndase esperar 1 ou 2 horas antes de inxerir líquido algún. Transcorrido ese tempo, tomar líquidos a pequenos sorbos cada 15 ou 30 minutos: zumes diluídos, caldo pouco concentrado, infusións suaves, soro caseiro ou de farmacia, bebidas isotónicas. É preferible non dar leite xa que pode inducir ao vómito. Pola contra, as bebidas carbonatadas desgasificadas axudan a acougar as molestias dixestivas.
A medida que os vómitos cesan pódese empezar a tomar alimentos sólidos, repartidos en cinco ou seis inxestas de pequeno volume para evitar sobrecargar o estómago e mellorar as molestias dixestivas, descansado entre toma e toma, pero sen deitarse de inmediato. Adoitan tolerarse mellor os alimentos secos: torradas, galletas sinxelas... e os de consistencia pastosa, pouco condimentados e non excesivamente aromáticos: purés, cremas, arroz e pataca fervidos, natillas, flan, gelatinas, compotas... (tépedos, desprenden menos cheiro e provocan menos náuseas).
Recoméndase comer lentamente, masticando ben, en ambiente relaxado, tranquilo e seguir tomando líquidos, pero mellor entre horas, fóra das principais comidas.
Si non hai vómitos en 6 horas, poderase iniciar unha alimentación regular durante as seguintes 24 horas, pero se non é así, o mellor é suspender a alimentación e acudir ao médico
Gastritis crónica de evolución favorable
O tratamento dietético é similar ao da úlcera péptica (mirar o capítulo correspondente).
