01
Os problemas de saúde un a un:
Intolerancia ao gluten

Recomendacións dietéticas
- Unha alimentación variada e equilibrada, para evitar carencias nutricionais.
- Fomentar o consumo de alimentos naturais que non conteñan gluten (cereais sen gluten: arroz, millo, mijo e sorgo, verduras e hortalizas, froitas, legumes, leite e derivados, carnes, peixes e ovos), reservando o consumo de produtos manufacturados denominados "sen gluten" para casos ou situacións concretas.
- Utilizar substitutos de pan sen gluten (arroz, millo, patacas e legumes) para manter unha inxesta axeitada de hidratos de carbono e calorías.
- Permítense até 5 ovos á semana preparados de forma que faciliten a dixestión: tortilla francesa, tortillas variadas ou revoltos elaborados con pouco aceite, ovo escalfado, pasado por auga ou á prancha.
- Cando existe intolerancia transitoria á lactosa, probar tolerancia ante o iogur e queixo, e si persiste recorrer a produtos libres de lactosa que existen no mercado (ver capítulo sobre Intolerancia á lactosa).
- Ler atentamente as etiquetas dos alimentos e evitar aqueles que enumeren cuestionables ingredientes que non poidan verificarse como libres de gluten polo fabricante. Si un dos ingredientes mencionados no apartado de "alimentos a excluír" está exposto na etiqueta, a ausencia de gluten debe verificarse cunha lista actualizada do produto, ou é preciso chamar ou escribir á compañía para solicitar información actualizada sobre o contido en gluten. Cando os ingredientes non están descritos na etiqueta, hai que contactar co fabricante para conseguir a información completa sobre os ingredientes.
