01
Os problemas de saúde un a un:
Intolerancia á lactosa

Menú aconsellado
Receita: Pementos recheos

Ingredientes (4 persoas)
- 250 gramos de carne picada de porco e tenreira (metade e metade)
- media tarrina de foie gras
- 2 ovos duros
- 2 pementos do piquillo asados
- 1 cebola
- 2 dentes de allo
- perexil
- 2 tomates
- salsa de tomate
- aceite de oliva, perexil e sal
Modo de elaboración
Pasar pola tixola a carne picada mesturada con allo e perexil picado. Retirar a carne cando estea medio cocida. Facer un rehogado en aceite da cebola e o allo finamente picados e os tomates partidos en cuadraditos. Cando estean ben dourados engadir a carne e o sal a gusto, e deixar a lume lento ata que se coza totalmente. Engadir os ovos duros cocidos troceados, a media tarrina de foie-gras e a salsa de tomate. Remover a mestura ata que quede homoxénea.
Encher os pementos coa mestura e colocalos nunha tartera de barro a cuxa base se engadiu salsa de tomate. Engadir a salsa de tomate e pemento (bater salsa de tomate cuns pementos) por encima e quentar ao forno durante uns minutos.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Muesli con leite de soia ou baixa en lactosa e zume de laranxa natural.
Comida
- Acelga con patacas.
- Pementos recheos.
- Pan e froita do tempo.
Merenda
- Café con leite de soia ou baixa en lactosa. Tostadas con marmelada e froita do tempo.
Cea
- Ensalada mixta.
- Tortilla española.
- Pan e sobremesa de soia ou iogur.
