01
Os problemas de saúde un a un:
Meteorismo (Flatulencia)

Menú aconsellado
Receita: Espaguetis con gambas
Ingredientes (4 persoas)
- 1 paquete de 250 gramos de espaguetis
- 2 allos
- media cebola
- 200 gramos de gambas
- aceite
- perexil
- leite
- 1 ovo
Modo de elaboración
Cocer ben a pasta e reservar. Nunha tixola pór o aceite, o allo troceado, a cebola en xuliana e unha vez rehogados, engadir as gambas e un pouco de sal. Cando as gambas están a punto, vértese o leite, remóvese e engádese o ovo batido para que espese un pouco. Mesturar a salsa coa pasta, quentar de novo e decorar cun pouco de perexil fresco picado.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Un vaso de leite con achicoria ou malta, tostadas, manteiga e marmelada.
Comida
- Espaguetis con gambas.
- Solombo de porco frito con allo (o allo retirar antes de servir) e con pemento verde asado con pouco aceite e sen pel.
- Froita de tempada e pan.
Merenda
- Iogur, bocadillo de xamón serrano cunhas rodas finas de tomate fresco e unhas pingas de aceite de oliva.
Cea
- Ensalada de col (así é menos flatulenta) con tomate, zanahoria e remolacha en xuliana e chaca.
- Tortilla de atún con salsa de tomate.
- Froita do tempo e pan.
