01
Os problemas de saúde un a un:
Alerxia ao ovo

Recomendacións dietéticas
- Levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada, para asegurar que non se produza ningún déficit de nutrientes.
- Incluír na dieta alimentos que sexan fonte de proteínas completas semellantes á do ovo e de ferro: carnes, peixes, leite e lácteos.
- Escoller alimentos frescos e de tempada, xa que concentran máis nutrientes á vez que resultan máis económicos.
