01
Os problemas de saúde un a un:
Parkinson

A resposta médica
Polo momento non hai solución médica para estas afeccións, pero como ocorre noutras enfermidades crónicas e invalidantes, os problemas sociais son tan ou máis importantes que os biolóxicos ou psíquicos, polo que é necesario que o afectado de Parkinson reciba un conxunto de axudas dirixidas a mellorar a súa calidade de vida e a da súa familia.
Coa finalidade de mellorar a calidade de vida do enfermo de Parkinson e os seus coidadores, é esencial unha boa educación para aprender a convivir e soportar a enfermidade. É esencial unha boa educación sanitaria, rehabilitación física, terapia psicolóxica e realizar actividades que eviten o illamento.
