Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Alteracións por tensións

Alteraciones por estrés :: Menú aconsellado

Menú aconsellado

Receita: Iogur con granola

Ingredientes (4 persoas)

  • 500 gramos de copos de avena
  • 80 gramos de noces moídas
  • 150 gramos de cacahuetes moídos
  • 100 gramos de azucre moreno ou mel
  • 1 vasiño de leite
  • aceite de oliva e canela

Modo de elaboración

Mesturar todos os ingredientes sólidos e engadir auga. Estender a mestura sobre unha bandexa e introducila no forno a 180 graos. Remover cada certo tempo, e unha vez consumidos a auga e o aceite, apagar o forno e deixar arrefriar. Gardar en recipiente hermético até o momento de consumo. Esta receita pódese elaborar con diversas variantes: Copos doutros cereais: millo, arroz, centeo... Sementes: girasol, sésamo, cabaza... Froitos secos: améndoas, anacardos... Froitas secas: pasas, orejones...

Un bo menú para este prato

Almorzo

  • Vaso de leite con malta e muesli. Zume natural de froita. Unha cucharadita de xerme de trigo.

Comida

  • Ensalada variada (engadir 1 cucharada de fermento de cervexa).
  • Coello con arroz.
  • Pan integral ou 4 cereais e froita.

Merenda

  • Infusión relaxante. Iogur con granola**.

Cea

  • Crema de calabacín.
  • Pixota ao forno con tomate.
  • Pan integral ou 4 cereais e froita.
  • Antes de deitarse, unha infusión relaxante ou vaso de leite quente.