01
Os problemas de saúde un a un:
Anemia ferropénica (carencia de ferro)

Recomendacións dietéticas
- Levar a cabo unha dieta equilibrada para asegurar que non se produza ningún déficit, especialmente durante os primeiros anos de vida (o leite materno é un alimento pobre en ferro), períodos de crecemento acelerado (adolescencia) e situacións fisiolóxicas que polas características que implican necesitan un especial coidado no achegue de ferro alimentario (menstruación, embarazo, lactación).
- Convén incluír fígado cada 10/alimentos-aconsellados-permitidos-e-limitados5 días.
- Cando se tomen legumes interesa incluír como ingrediente do prato alimentos ricos en vitamina C (pemento, tomate) ou proteínas (carne, peixe, ovo), así como unha ensalada e de sobremesa unha froita rica en vitamina C, co fin de que o organismo poida absorber a máxima cantidade do ferro vexetal.
- A germinación é un proceso que provoca profundas transformacións do alimento; aumenta o contido de ferro asimilable. Por tanto, á hora de preparar ensaladas, tratar de incluír germinados.
