01
Os problemas de saúde un a un:
Úlcera péptica

Menú aconsellado
Receita: Batido de froitas

Ingredientes (4 persoas)
- 1 plátano pequeno
- 1 pera ou mazá pequenas
- o zume dunha laranxa
- un pouco de azucre
Modo de elaboración
Pelar e quitar o corazón e pebidas das froitas, trocear e bater coa batidora ata que quede homoxéneo. Engadir o zume de laranxa e segundo gustos, unha ou dúas cucharaditas de azucre. Aconséllase o seu consumo inmediato para que non se produzan perdas de vitaminas.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Un vaso de leite con achicoria ou malta, tostadas, manteiga e marmelada.
Comida
- Xudías verdes con zanahoria e pataca.
- Coxa de pito á prancha cun flan de arroz adornado con perexil.
- Mazá ao forno e pan (normal de barra ou tostado).
Merenda
- Batido de froitas* e pan tostado con xamón york.
Cea
- Sopa de fideos e trocitos de verduras (a partir de caldo vexetal ou de peixe ou de ave pouco concentrado e desgrasado).
- Linguado á prancha cun pouco de maionesa lixeira.
- Compota de pera e pan (normal de barra ou tostado).
