01
Os problemas de saúde un a un:
Alerxia ao peixe

Menú aconsellado
Receita: Lasaña de cogomelos

Ingredientes (4 persoas)
- 6 láminas de lasaña (pasta)
- 200 gramos de champiñones
- 200 gramos de cogomelos de cardo
- 100 gramos de guisantes
- 1 cebola
- 2 allos
- 2 pementos verdes
- aceite de oliva
- salsa de tomate
- perexil e sae
Modo de elaboración
Unha vez límpios todos os ingredientes, trocearlos e facer un rehogado en aceite de oliva dos cogomelos, champiñones, cebola, allos e pemento verde. Cando estean ben pochados e dourados engadir sal a gusto e perexil xunto cos guisantes xa cocidos e deixar a lume lento durante 2 minutos.
Preparar as láminas de lasaña de acordo ás indicacións do fabricante. Nunha bandexa de forno alternar sucesivamente as láminas de lasaña co rehogado de cogomelos e a salsa de tomate, terminando con láminas de lasaña. Espolvorear con queixo rallado e gratinar ata que se doure a superficie.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Dous iogures con cereais e zume de laranxa natural.
Comida
- Lasaña de cogomelos*.
- Filete de tenreira pasa o ferro con leituga.
- Pan e froita do tempo.
Merenda
- Pan de molde con queixo fresco e marmelada.
Cea
- Crema de allos porros.
- Ovo escalfado en salsa de tomate e pementos vermellos.
- Pan e froita do tempo.
