01
Os problemas de saúde un a un:
Alerxia ao peixe

Recomendacións dietéticas
- Levar a cabo unha alimentación variada e equilibrada, para asegurar que non se produza ningún déficit de nutrientes.
- Incluír na alimentación alimentos fonte de proteínas completas semellantes ao peixe: carnes, ovos, leite e derivados lácteos indicados.
- Tratar de escoller alimentos frescos e de tempada, xa que concentran máis nutrientes e son máis económicos.
- Incluír na dieta habitual aceites de sementes (girasol, soia, millo) e froitos secos, en cantidades moderadas, pola súa contribución no achegue en ácidos graxos insaturados, de características comparables á graxa saudable propia dos peixes.
