Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Alerxia á caseína

Alergia a la caseína :: A resposta dietética

A resposta dietética

O tratamento dietético consiste en substituír o leite de vaca e derivados por outros preparados, como fórmulas lácteas con proteínas de orixe vexetal (leite de soia, de améndoas...). En ocasións, os nenos toleran ben os preparados hidrolizados de caseína, que constitúen un bo substituto na maioría dos casos. Así mesmo, o leite de cabra móstrase eficaz como alternativa ao leite de vaca en nenos con alerxia ás proteínas de leite de vaca.

Os lactantes alérxicos ao leite de vaca deben ser alimentados exclusivamente con lactación materna, e a nai deberá seguir unha dieta exenta de leite e derivados, debido ao paso alergénico ao leite materno.

Por outra banda, hai que ter en conta que moitos fabricantes utilizan no proceso de elaboración dos seus produtos ingredientes xa elaborados, que poden conter compoñentes alergénicos e non aparecen detallados na etiqueta do produto final.