Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Hipertensión arterial

Hipertensión arterial :: Menú aconsellado

Menú aconsellado

Receita: Patacas á hortelana

Ingredientes (4 persoas)

  • 500 g de alcachofas
  • 300 g de guisantes
  • 1 cebola
  • 1 pemento vermello
  • 4 dentes de allo
  • auga
  • 1/2 cucharadita de pemento doce
  • 4 cucharadas de aceite de oliva

Modo de elaboración

Pelar, lavar e trocear as patacas. Preparar as alcachofas eliminándolles o talo e as follas exteriores e cortalas en láminas. Picar finamente a cebola, os allos e o pemento. Sofreír utilizando a mínima cantidade de aceite, a cebola e o pemento e no momento que comece a dourarse a cebola, engadir as patacas e remover durante uns minutos.

Despois engadir o resto dos ingredientes mantendo os alimentos a lume lento de 10 a 15 minutos. Engadir o pemento e cocelo todo ao vapor ou fervido coa mínima cantidade de auga. Deixar cocer a lume medio ata que os ingredientes estean tenros. Non engadir sal de mesa.

Un bo menú para este prato

Almorzo

  • Un vaso de leite con descafeinado, tostadas e manteiga sen sal, marmelada.

Comida

  • Crema de allo porro, pataca e picatostes.
  • Filete de tenreira á prancha con pementos vermellos.
  • Callada con mel e pan sen sal.

Merenda

  • Pan sen sal e fiambre especial baixo en sodio, froita do tempo.

Cea

  • Patacas á hortelana.
  • Revolto de champiñones frescos.
  • Froita do tempo e pan sen sal.