Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Hipertensión arterial

Hipertensión arterial :: A resposta dietética

A resposta dietética

No tratamento da hipertensión, son necesarias unha dieta axeitada ás necesidades individuais, con control de sodio e unha serie de recomendacións que orienten á persoa cara a un estilo de vida máis saudable.

O consumo actual de sal (cloruro sódico) no noso país atópase por encima das necesidades reais deste mineral. O exceso de sodio relaciónase coa retención de líquidos nos tecidos do corpo e, por tanto, co incremento dos valores de tensión. Canto menos sodio conteña a dieta, máis fácil será eliminar ese exceso polos ouriños e así contribuír a normalizar os niveis de tensión arterial. A dieta pobre en sodio tamén beneficia a persoas que padecen de enfermidade cardiovascular ou hepática avanzada con retención de líquidos.

Doutra banda, a hipertensión considérase factor de risco de enfermidade cardiovascular, polo que as recomendacións dietéticas tamén deben incluír orientacións para a normalización do peso (en caso de sobrepeso ou obesidade), control da calidade da graxa e do colesterol, así como asegurar unha cantidade axeitada de fibra e antioxidantes naturais, relacionados coa prevención destas enfermidades.