01
Os problemas de saúde un a un:
Hipertensión arterial

Menú aconsellado
Receita: Patacas á hortelana

Ingredientes (4 persoas)
- 500 g de alcachofas
- 300 g de guisantes
- 1 cebola
- 1 pemento vermello
- 4 dentes de allo
- auga
- 1/2 cucharadita de pemento doce
- 4 cucharadas de aceite de oliva
Modo de elaboración
Pelar, lavar e trocear as patacas. Preparar as alcachofas eliminándolles o talo e as follas exteriores e cortalas en láminas. Picar finamente a cebola, os allos e o pemento. Sofreír utilizando a mínima cantidade de aceite, a cebola e o pemento e no momento que comece a dourarse a cebola, engadir as patacas e remover durante uns minutos.
Despois engadir o resto dos ingredientes mantendo os alimentos a lume lento de 10 a 15 minutos. Engadir o pemento e cocelo todo ao vapor ou fervido coa mínima cantidade de auga. Deixar cocer a lume medio ata que os ingredientes estean tenros. Non engadir sal de mesa.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Un vaso de leite con descafeinado, tostadas e manteiga sen sal, marmelada.
Comida
- Crema de allo porro, pataca e picatostes.
- Filete de tenreira á prancha con pementos vermellos.
- Callada con mel e pan sen sal.
Merenda
- Pan sen sal e fiambre especial baixo en sodio, froita do tempo.
Cea
- Patacas á hortelana.
- Revolto de champiñones frescos.
- Froita do tempo e pan sen sal.
