01
Os problemas de saúde un a un:
Alerxia ao peixe

A resposta dietética
A alerxia causada por peixes ou mariscos é máis duradeira na súa sensibilización e pode perdurar durante décadas ou para toda a vida. Nestes casos, o único tratamento probado e eficaz consiste en levar unha dieta exenta de peixe e derivados, sen esquecer que hai outros produtos no mercado que inclúen entre os seus ingredientes diversos compoñentes dos peixes.
Os máis implicados son: bacallau, abadexo, salmón, troita, atún, anchoa e caballa. Adoita existir alerxia cruzada entre estes peixes, isto significa que a persoa alérxica a un dos peixes citados adóitao ser tamén aos restantes.
