Ir o contido principal
01

Os problemas de saúde un a un:

Diabetes mellitus

Diabetes mellitus :: A resposta médica

A resposta médica

A Fundación Española para a Diabetes remarca que a alimentación, e a vida en xeral que deben seguir as persoas con diabetes non é substancialmente diferente á alimentación da poboación en xeral. É máis, os consellos que deben aplicarse son válidos para toda a familia.

O coidado da alimentación da persoa con diabetes forma parte do seu tratamento, por tanto, non se pode falar de tipos de alimentos e cantidades sen falar tamén de actividade física, horarios habituais, medicamentos que toma, si padece ou non outras enfermidades como colesterol ou hipertensión... En definitiva, é un conxunto de factores que deben considerarse globalmente e que fan que cada diabético teña unha dieta única e personalizada. Por iso, cada persoa debe confeccionar, conxuntamente co equipo sanitario, o modelo dietético a seguir.