Os problemas de saúde un a un:
Diabetes mellitus

Menú aconsellado
Receita: Canelones de espinacas

Ingredientes (4 persoas)
- pasta de canelón (a tres por cabeza, 12 en total)
- 500 gramos de espinacas
- taquitos de xamón serrano sen o touciño
- taquitos de fiambre de pavo
- 4 dentes de allo
- 1 ou 2 cebolas
- sae e pementa negra moída
- bechamel elaborada con leite semidesnatada
- aceite de oliva
- salsa de tomate
- queixo rallado para gratinar tipo enmental
Modo de elaboración
Cocer a pasta. Estender sobre un trapo limpo e pór outro por encima. Cocer as espinacas e deixar nun escurridor. Facer a bechamel e reservar. Nunha tixola rehogar en aceite de oliva, o allo e a cebola. Engadir os taquitos de xamón e de pavo e por último as espinacas, engadir o sal e a pementa. Pór o contido da tixola nun cazo, engadirlle un pouquiño da bechamel e mesturar ben. Cando se arrefriou a mestura, encher un a un os canelones. Nunha fonte de forno, verter un pouco de bechamel e colocar os canelones recheos, verter de novo máis bechamel e salpicar de salsa de tomate.
Engadir o queixo rallado e meter no forno (previamente aceso e xa quente) a uns 160 graos durante 15 minutos. Gratinar a 180-200 graos durante un cinco minutos e xa está listo.
Un bo menú para este prato
Almorzo
- Un vaso de leite semidesnatada con galletas integrais sen azucre e unha laranxa.
Comida
- Canelones de espinacas*
- Pescada ao forno con patacas panadeira.
- Froita de tempada e pan integral.
Merenda
- Callada, bocadillo de pan integral untado en tomate natural cunhas pingas de aceite de oliva e fiambre de pavo
- Froita fresca
Cea
- Cogollos con zanahoria rallada e anchoíllas.
- Filete de pito á prancha cun flan de arroz e salsa de tomate.
- Froita de tempada e pan integral.
